Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

12/10/2008

A Coruña 10 - II Carreira Popular 2008

Los datos del evento

Gran Premio El Corte Inglés. Percorrido de asfalto de 10 Km homologados pola Real Federación Española de Atletismo.

Inscricións:

  • En El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal, 7ª planta. Departamento de Deportes)
  • Na Casa da Auga, tenda de deportes El Corte Inglés (Rúa Manuel Murguía)
  • Na Federación Galega de Atletismo (Fax: 981 292 056)

Achégase ao final desta información a BOLETÍN DE INSCRICIÓN en arquivo pdf, que deberá entregarse cubrindo todos os datos esixidos. Non se admitirá a inscrición sen os datos solicitados.

Zona de saída e horario: A saída da carreira absoluta darase nas inmediacións do Obelisco ás 11:00 horas. Os participantes deberán situarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de saída.

Zona de meta: a liña de meta estará situada á beira do Obelisco.

Zona de control de paso: Na tenda de deportes de El Corte Inglés (Casa da Auga), control mediante chip informático.

Avituallamento: Á metade da carreira e na Zona de Meta

Clasificacións: A clasificación será absoluta e por categorías.

Categorías: Homes e mulleres: Distancia 10 Km

  • Júnior: nados en 1989 e 1990
  • Promesa: nados en 1986, 1987 e 1988
  • Sénior: nados en 1985 ata veteran@s
  • Veteran@s 1: de 35 a 40 anos de idade
  • Veteran@s 2: de 41 a 49 anos de idade
  • Veteran@s 3: de 50 a 59 anos de idade
  • Veteran@s 4: de 60 anos de idade ou máis.

Premios non acumulables. Abóase o de maior contía.

1º Clasificad@: Trofeo e 1000 euros

2º Clasificad@: Trofeo e 600 euros

3º Clasificad@: Trofeo e 450 euros

4º Clasificad@: 300 euros

5º Clasificad@: 250 euros

6º Clasificad@: 200 euros

7º Clasificad@: 150 euros

8º Clasificad@: 100 euros

1º Clasificad@ Galeg@: 300 euros

2º Clasificad@ Galeg@: 200 euros

3º Clasificad@ Galeg@: 100 euros

Premio Especial El Corte Inglés: O primeiro atleta (home e muller) que cruce a Meta Volante situada a carón da Casa da Auga (Tenda de Deportes de El Corte Inglés) e que remate a proba.

Premios acumulables: Aboarase exclusivamente ao primeiro corredor e a primeira corredora que bata o récord da carreira: 

Récord Homes: 28 minutos e 48 segundos

Récord Mulleres: 32 minutos e 06 segundos

Premio por récord: 1.000 €

Máis información, bases de participación, normas, premios e inscricións:

Data límite de inscricións: venres 9 de outubro de 2008, ata as 22 horas.

Los datos del evento

Corregir o completar la información de este evento.

Más información

Boletín de Inscrición

Descargar documentos

Regulamento e horarios

Se puede encontrar en las siguientes categorías: