O xogo e a maxia están interrelacionados xa que a ilusión que ambos producen fai que calquera cousa que non existe se poida converter en real. O xogo e a maxia serán, entre o 16 de setembro e o 16 de decembro, os protagonistas na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.
Coa finalidade de que nenos e nenas e as persoas adultas se unan no interese polo entretemento e a ilusión seleccionamos materiais que nos sirvan tanto para converternos en expertos na maxia como para facer xoguetes e para imaxinarnos mundos diferentes. O xadrez, como xogo de estratexia por excelencia e considerado por moitos un deporte, terá unha presenza especial.
Pescuda entre os materiais que seleccionamos para ti e as actividades que che propoñemos
Elixe a túa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible