Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Emprender

Se o teu son os negocios, o mellor consello que che podemos dar é que che asesores. O Concello da Coruña pon á túa disposición un servizo de asesoramento gratuíto: /empresa/gl. Ponte en contacto con eles.

Aquí deixámosvos unha listaxe de webs de interese nas que poderedes atopar información clara e útil.

Información xeral

  • Portal YPYME (Goberno de España): http://www.ipyme.org/

    Información completa sobre creación e posta en marcha de empresas: decisión de emprender, plan de empresa, trámites administrativos e fiscais, financiamento, contratación de empregados, protección de datos, propiedade industrial, internacionalización...

  • Portal EUGO (Goberno de España): https://eugo.es/

    O seu obxectivo principal é facilitar a localización e realización de trámites e requisitos a satisfacer para o inicio ou exercicio de actividades empresariais ou profesionais tendo en conta a forma xurídica elixida e a localización xeográfica.

  • Centro de Información e Rede de Creación de Empresas. Punto de Atención ao Emprendedor - PAE (Goberno de España): https://paeelectronico.es/

    Sistema de información que permite realizar de forma telemática os trámites de constitución e posta en marcha de determinadas sociedades mercantís en España, a constitución como empresario individual (autónomo). Deberase cumprimentar o Documento único electrónico (DUE) que engloba multitude de formularios e, de forma automática, o STT realiza todos os trámites necesarios comunicándose con todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Seguridade Social, Axencia Española de Protección de Datos, Oficina Española de Patentes e Marcas etc.).

    • PAE físicos: proporcionan servizos de información e asesoramento e realizan os trámites administrativos de constitución a través do DUE.
    • PAE virtual: no que o propio emprendedor pode realizar a tramitación.
  • Unidade Galicia Emprende (IGAPE- Xunta de Galicia): www.igape.es

    Programa de información, orientación e avaliación das persoas emprendedoras.

    A web contén guías de axuda (plan de negocio, modelos de plan de negocio por sector de actividade, guías de actividade empresarial por sectores -turismo e hostalaría, servizos informáticos, servizos relacionados coa imaxe, transporte, lecer, diversión e cultura, asistencia social...), manuais de xestión...

Outra información de interese

Economía social

Unión Europea

  • A túa Europa para persoas emprendedoras (UE). Guía práctica para facer negocios en Europa: https://europa.eu/youreurope/business/index_es.htm
  • Erasmus Novos Emprendores. Programa de intercambios transnacionais que lles ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios/as experimentados/as que dirixen pequenas empresas noutros países participantes: www.erasmus-entrepreneurs.eu

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión