Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Descrición

As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo informar o alumnado os estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Servizo Municipal

Educación

Tipo de actividade

Outras

Titularidade do centro

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido

Persoas que estean matriculadas en bacharelato ou formación profesional e que desexen coñecer os estudos das universidades públicas da comunidade autónoma galega, así como os estudos superiores de deseño que se imparten na cidade.

As visitas aos centros de FP poden solicitalas o alumnado matriculado en 4º de ESO, bacharelato e formación profesional.

Para o alumnado que non estea matriculado en centros da cidade, ábrese un período específico de inscrición desde o 13 ao 16 de marzo.

XXIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL (XOUP)

Estas xornadas organízanas o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña para dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os Estudos Superiores de deseño e Arte dramático que se imparten nas EASD de Galicia, así como os ciclos de Formación Profesional que se ofertan nos centros públicos da Coruña.

INSCRICIÓN

A solicitude en linea faia directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo ao que pertence, as mesas e visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

ACCESO Ás XORNADAS

O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOUP.

A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

ORGANIZACIÓN

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Avda. da Mariña, 18 - 2º. 15001 A Coruña

Tel.: 981 184 200 ext. 12027 // 12039 // 12047

educacion@coruna.es www.coruna.gal/educacion

REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL

Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294

Espazo de información xuvenil - C. C. Cidade Vella. Tel. 981 189 885 (ext. 10803 // 10804)

Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325)

Telegram //Whatsapp: 606 362 366.

cmix@coruna.gal www.coruna.gal/informacionxuvenil

Horario: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. sábados de 10 a 14 h.

SERVIZO DE ESTUDANTES - UDC

Vicerrectoría de Estudantes, Participación e Empregabilidad

Pavillón de estudantes. Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña.

Tel.: 881 01 1964 - 881 01 1192 - 881 01 1190

Otros contenidos relacionados

  • Folleto XOUP 2023 (926 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión