Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Acción voluntaria na Coruña

Acción voluntaria en Galicia

Programas de voluntariado postos en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia): http://www.voluntariadogalego.org/

Programas de voluntariado na Universidade

Campos de voluntariado

Os Campos de Voluntariado son actividades que se realizan durante o verán nas que grupos de mozos e mozas de diferentes procedencias se comprometen a colaborar de maneira desinteresada e voluntaria en traballos diversos e a participar nunha serie de actividades complementarias que favorecen e fomentan a convivencia, a participación, a tolerancia, a solidariedade e o intercambio cultural.

Son levados a cabo na nosa comunidade, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades ou organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Normalmente son as Direccións Xerais de Xuventude das CC.AA. as encargadas de organizar a maior parte destes campos de traballo, no caso de Galicia é competencia, polo tanto, da Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado. Intenta estar pendente das convocatorias para coñecer a oferta anual e inscribirte dentro dos prazos establecidos.

Particularidades dos campos de traballo:

  • É obrigatorio o pago da correspondente cota de inscrición, que cubrirá o aloxamento, a manutención e un seguro de accidentes de responsabilidade civil, por outra banda a viaxe sempre corre por conta dos participantes.
  • As idades para participar oscilan entre os 18 e os 30 anos, dependendo dos requisitos que para este aspecto estipule cada proxecto.
  • A súa duración varía entre 10 días e un mes (normalmente 2 ou 3 semanas).
  • A xornada laboral oscila entre as 35 e 40 horas semanais, quedando o tempo restante para realizar actividades de tempo libre, charlas, debates, visitas culturais, etc.
  • As tarefas que se van realizar son moi diversas:
    • Culturais (participación na organización de festas ou eventos culturais...)
    • Medioambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...)
    • De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares de uso público...)
    • Sociais (traballo con nenos, maiores, discapacitados, marxinación e exclusión social...)
    • Arqueolóxicas (recuperación ou conservación de xacementos ou monumentos...)

Campos de voluntariado internacionais. Ademais dos xestionados a través das Direccións Xerais de Xuventude, existen outras organizacións sen ánimo de lucro que levan anos implicadas na organización destas actividades. A máis representativa é SCI (Servizo Civil Internacional)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión