Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvención directa para atender as situacións de extraordinaria necesidade das persoas españolas retornadas
En que consiste?:
A solicitude inclúe:
Datos de identidade da persoa interesada
Información sobre a unidade familiar
Causas que motivan a solicitude da axuda
Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade
Declaracións de estar ao corrente no pago das obrigas tributarias e da Seguridade Social
Datos bancarios
A quen vai dirixido?:
Persoas destinatarias:
Españois e españolas de orixe retornados.
En caso de falecemento do beneficiario/a poderán solicitar as axudas, dentro dos seis meses seguintes ao falecemento, o cónxuxe ou a persoa ligada de forma estable por relación de afectividade análoga á conxugal e os parentes, por consanguinidade, afinidade ou adopción en primeiro grao, que convivan e dependan economicamente daquel.
Só poderá solicitar esta axuda un dos membros da unidade familiar, entendendo como tal a que abarca ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.
Requisitos:
Ter residido legalmente no estranxeiro, de forma continuada, un mínimo de 5 anos antes do retorno.
Non ter transcorrido máis de nove meses entre a data do retorno e a da solicitude.
Non dispoñer a unidade familiar de rendas ou ingresos suficientes.
Organismo responsable:
Estado
Prazo de presentación:
Todo o ano.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Documentación (orixinal ou copia compulsada):
Solicitude.
DNI ou pasaporte en vigor.
Certificación literal de nacemento ou outra documentación que acredite a nacionalidade española de orixe.
Libro de familia.
Volante de residencia e convivencia.
Baixa consular.
Certificación de vida laboral.
Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos económicos do solicitante e da unidade familiar.
Certificación tributaria relativa aos ingresos, rendas e situación patrimonial do solicitante e dos membros da unidade familiar.
Cando o solicitante sexa o cónxuxe viúvo/a ou orfo/a do emigrante, presentará ademais o certificado de defunción.
Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.
Acreditación, cando cumpra, dos gastos que motivan a petición da axuda.
Como se fai?:
Nas áreas ou dependencias provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das delegacións ou subdelegacións do Goberno, respectivamente, correspondentes ao domicilio do/a solicitante.
As solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:
Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas, á de calquera Administración das deputacións provinciais, cabildos e consellos insulares, aos concellos dos municipios a que se refire o artigo 121 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, ou á do resto das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio.
Internet
Teléfono
Máis información:
Axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a atender as situacións de necesidade ocasionadas polos gastos derivados do retorno dos españois de orixe residentes no exterior (coa condición de que acrediten unha insuficiencia de recursos no momento da solicitude).
Non se considerarán gastos extraordinarios os correspondentes aos billetes de volta nin traslado de mobles ou utensilios (excepto en circunstancias de absoluta excepcionalidade).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible