Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2016

Vacantes en campamentos urbanos e campamentos de día para terceira e cuarta quenda

Consulta aquí os centros cívicos que contarán con prazas vacantes nos campamentos urbanos a partir do 8 de agosto.

Campamentos urbanos, para nenos e nenas nacidos entre o 01/01/2004 e o 31/12/2012

Quedan prazas dispoñibles nos centros cívicos e quendas que se enumeran a continuación.

  • Terceira quenda (de luns a venres, do 8 ao 19 de agosto) nos centros cívicos de Labañou, Elviña, Cidade Vella, Palavea e Monelos.
  • Cuarta quenda (de luns a venres, do 22 de agosto ao 2 de setembro) nos centros cívicos de Labañou, Monte Alto, Elviña e Cidade Vella.

En todos os centros cívicos nos que quedan prazas vacantes, existe a posibilidade de solicitar o horario xeral (de 10.00 a 14.00 h) ou o horario ampliado (de 9.00 a 14.30 h). O custo por participante e quenda en horario xeral é de 26 € e de 32 € no horario ampliado.

Para formalizar a inscrición nas prazas vacantes, é necesario acudir ao centro cívico onde se quere realizar o campamento en horario de 9.00 a 10.00 horas e preguntar polo coordinador ou coordinadora do campamento.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición.

Campamentos de día, para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Quedan prazas dispoñibles nas seguintes quendas:

  • Terceira quenda, de luns a venres, do 8 ao 19 de agosto
  • Cuarta quenda, de luns a venres, do 22 de agosto ao 2 de setembro

Os campamentos de día realízanse no colexio Andaina, en horario de actividade de 10.00 a 18.15 h. O horario do autobús dependerá da parada das rutas de autobús, sendo o horario da primeira parada á ída ás 9.00 h e a última parada ao regreso ás 19.15 h.

O custo por participante e quenda é día é de 85 €.

Para formalizar a inscrición nas prazas vacantes do campamento de día, poden poñerse en contacto co coordinador do campamento de día chamando ao teléfono 622 32 31 38.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición.

Documentos relacionados

  • Tríptico campamentos urbanos (92 KB)
  • Tríptico campamentos de día (93 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión