Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2015

Samaín nos centros cívicos municipais

A chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, o Samaín, con multitude de manifestacións populares. Por suposto tamén se celebra nos centros cívicos.

A chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, con multitude de manifestacións populares. Nos nosos días é frecuente a mestura entre tradicións do mundo cristián con tradicións pagás e mesmo do mundo anglosaxón, que converteron esta celebración nunha das máis destacadas do outono.

Desde finais de outubro os centros cívicos municipais da Concellaría de Xustiza Social e Coidados organizan diversas actividades entre as que destacan as festas de Samaín, dirixidas a nenos e nenas ata os 12 anos de idade.

As festas son gratuítas pero as persoas interesadas accederán mediante convite, que poden recoller no centro cívico correspondente.

Os menores deberán estar acompañados dun adulto durante a festa.

Para maior información diríxete ao teu centro cívico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión