Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2014

Programación de Nadal nos centros cívicos municipais

A Concellería de Servizos Sociais organiza nos centros cívicos municipais da cidade diversas actividades relacionadas coa época do Nadal.

Desta maneira, todos os barrios da cidade poderán gozar de diversas accións e actividades, cuxo principal obxectivo é o de lle ofrecer a toda a cidadanía unha proposta alternativa para o lecer e o tempo libre.

Dirixidos a persoas adultas, programaranse talleres de cociña de Nadal, talleres de maquillaxe e decoracion do Nadal. Dirixidos ao público infantil podemos atopar talleres de decoración e talleres de cociña do Nadal.

Cabe destacar os talleres de cociña especial de Nadal para persoas diabéticas, celíacas e con hipertensión, que se realizarán nos centros de Novoboandanza, Castrillón e Monelos respectivamente.

A inscrición nestas actividades será os días 10 e 11 de decembro en cada centro cívico. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Ademais, todos os centros cívicos contarán coa visita dos Reis Magos que recollerán as cartas que os nenos e nenas lles queiran enviar ás súas maxestades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión