Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2015

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

PROGRAMA "NOVEMBRO, LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS"

Cos obxectivos de propiciar unha conciencia crítica de xénero desde o enfoque dos dereitos humanos, profundar nas consecuencias negativas do machismo -en especial nas persoas máis vulnerables como a poboación menor- e potenciar a coeducación en diferentes espazos educativos, desenvolverase un programa de actividades organizado pola Concellaría de Igualdade e Diversidade.

XORNADA

“As boas prácticas na prevención das violencias machistas: coñecer e educar na igualdade”

Data: mércores, 25 de novembro.

Horario: 9:00 a 14:30 h.

Localización: Fórum Metropolitano.

r/ Río de Monelos, nº 1

OBRADOIRO

“Educación século XX vs educación século XXI: coeducación, educación emocional, comunicación do corpo, enfoque de xénero. Igualdade entre mulleres e homes, e Diversidade”.

Data: mércores, 25 de novembro.

Localización: Centro cívico Cidade Vella.

r/ Veeduría, nº 2

Dinamizadora: Ana Isabel Santos Castro.

Pedagoga feminista, facilitadora de procesos de empoderamento para as mulleres.

Horario: 16:00 h. a 19:30 h.

Nº participantes máximo: 25 participantes (por orde de inscrición).

“PARLADOIROS DESDE A DIVERSIDADE”

Horario: 18:30 h. a 20:00 h.

Lugar: Centro Cívico Cidade Vella.

r/ Veeduría, nº 2

No marco dunha entrevista e cun formato próximo e participativo no que o público asistente terá un protagonismo especial, ao longo de catro xornadas desenvolveranse os “parladoiros”.

TRANSFORMANDO CONCIENCIAS DESDE O AUDIOVISUAL

1. Documental: “Fíos fóra. Historias de obreiras, entre costuras e patróns

Trata varias historias de mulleres galegas obreiras do sector do téxtil galego.

Producido por Illa Bufarda para a asociación Amarante Setem.

Acompañará a proxección a actuación musical de Mónica de Nut.

Data: 12 de novembro.

Horario: 20:00 h.

Lugar: Centro Cultural Ágora.

r/ Lugar da Gramela, 17

2. Proxecto “Máscaras”

“Máscaras” é a historia dun RETO, unha película protagonizada por varias persoas con distintas capacidades que conseguen facer equipo e facer cinema. Mostra a pluralidade e diversidade cultural, informativa e de expresión.

Data: 2 de decembro.

Horario: 18:30 h.

Lugar: Centro Cultural Ágora.

r/ Lugar da Gramela, 17

TEATRO SOCIAL E INTERACTIVO “VESTIDO DE VODA”

Proxecto de prevención da violencia de xénero desde o teatro que promove a participación activa do público, quen poderá achegar modificacións á peza teatral visualizada previamente. Deste xeito crearanse noticias alternativas que serán representadas novamente pola actriz Vanessa Rivas e o actor José Leis.

“Vestido de voda” contribúe á toma de consciencia en forma positiva da nosa capacidade para decidir e das consecuencias das nosas eleccións.

Duración: 1 hora e 40 minutos.

Dirixido a: aberto á poboación en xeral.

Datas, horarios e localización:

18 de novembro 17:30 h. Centro Cívico Rosales.

19 de novembro 18:00 h. Centro Cívico de Elviña.

21 de novembro 17:00 h. Centro Cívico de Labañou.

20:00 h. Centro Cívico de Mesoiro.

23 de novembro 19:00 h. Centro Cívico de Palavea.

26 de novembro 17:30 h. Centro Cívico dos Mallos.

27 de novembro 18:00 h.  Centro Cívico de Monelos.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA

Lésbicas Creando é un proxecto baseado no empoderamento, que sitúa as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro de acción.

Traballan con grupos de mulleres:

- A autodefensa de maneira integral, considerándoa como un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista.

- Tanto técnicas físicas como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais.

Data: 21 de novembro.

Horario: 10:00 h. a 14:00 h.

Localización: Centro de Información ás Mulleres.

XORNADA

“Reflexións e perspectivas de futuro ao redor do tratamento da violencia de xénero desde os ámbitos xurídico, policial e social”

Data: 30 de novembro.

Horario estimado: 9:30 a 14:30 h.

Lugar: Centro Cultural Ágora.

r/ Lugar da Gramela, 17

Para máis información ver o documento adxunto.

Documentos:

Díptico de "Novembro libre de violencias machistas". (515 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión