Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2015

Este é un programa levado a cabo pola Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

Programa de envellecemento activo 2015

Contempla accións dirixidas ao ámbito dos maiores de 55 anos, de carácter preventivo, de promoción e participación social. As actividades desenvolveranse nos períodos de abril- xuño, en época estival ou en período setembro-novembro dependendo da programación de cada centro cívico.

As actividades do programa teñen como obxectivo a prevención no aspecto físico, cognitivo e de saúde dos maiores.

As actividades que se desenvolverán este ano para os maiores de 55 anos nos distintos centros cívicos son:

- Taichí (C.C. Elviña- C.C. Feáns- C.C. Cidade Vella)

- Ximnasia suave e de mantemento (C.C. Monelos- C.C. A Silva- C.C. Labañou- C.C. San Pedro de Visma- C.C. Castrillón – C.C. Mallos- C.C. Cidade Vella)

- Ioga (C.C. Eirís- C.C. A Silva- C.C. Cidade Vella)

- Animación musical- musicoterapia (C.C. Artesáns- C.C. Monte Alto- C.C. San Diego- C.C. Rosales- C.C. Feáns- C.C. Cidade Vella)

- Técnicas de relaxación e recuperación emocional (C.C. Eirís- C.C. Monelos – C.C. Monte Alto – C.C. San Diego)

- Informática (C.C. Elviña- C.C. Palavea- C.C. Rosales- C.C. Mallos- C.C. Feáns- C.C. Labañou)

- Cociña saudable (C.C. Novoboandanza- C.C. Pescadores- C.C. San Diego- C.C. Palavea- C.C. Mallos- C.C. Cidade Vella)

- Mellora de memoria (C.C. Castrillón- C.C. Novoboandanza- C.C. Pescadores- C.C. Cidade Vella)

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTAR EN CADA CENTRO CÍVICO

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión