Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2015

Convocatoria de setembro 2015

Preinscricións para as actividades socioculturais dos centros cívicos

A preinscrición realizarase os días 3, 4 e 5 de setembro. No boletín deste mes pódese consultar unha pequena mostra das múltiples actividades que se realizarán nos centros cívicos.

Os centros cívicos municipais ofertan as actividades que se realizarán na convocatoria de setembro a decembro de 2015. As distintas actividades que oferta cada centro cívico poden consultarse máis abaixo no apartado "contidos relacionados".

A programación contempla actividades para todos os sectores de idade: infancia, mocidade, maiores ou mesmo actividades en familia.

As actividades do programa Envellecemento Activo, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, están cofinanciadas pola Deputación da Coruña.

  • Preinscrición

Días 3, 4 e 5 de setembro (xoves, venres e sábado)

Horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h

  • Sorteo público

Sábado 5 de setembro ás 20:15 h.

  • Exposición de listas de admisións e reservas

Venres 18 de setembro.

As listas poderanse consultar no correspondente centro cívico, no Teléfono de Información Cidadá 010 e nesta mesma web.

  • Inscrición

Días 19, 21 e 22 de setembro (sábado, luns e martes)

Horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h

A inscrición definitiva nas actividades farase efectiva coa presentación do documento bancario, acreditativo do abono do prezo público, no centro cívico correspondente. Este trámite deberá realizarse dentro do prazo e horario indicados anteriormente. De non ser así, perderase o dereito para participar nas actividades.

Os requisitos de participación nas actividades poden consultarse nos taboleiros de información dos centros cívicos municipais e nesta web.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión