Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de setembro de 2015

Nesta convocatoria seguirá a haber actividades gratuítas, mentres que as de pago non ven incrementadas as taxas

Os centros cívicos abren esta mañá o prazo de preinscrición das súas actividades

O Concello oferta 6730 prazas, das que 45 serán para persoas con diversidade funcional, para participar no programa sociocultural

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre esta mañá o prazo de preinscrición para solicitar praza nas actividades socioculturais que oferta a rede de centros cívicos da Coruña na convocatoria de setembro a decembro de 2015. En total, serán 6730 as prazas dispoñibles, das que 45 serán específicas para persoas con diversidade funcional, para participar nalgunha das máis de 80 actividades destinadas a todos os sectores de idade: infancia, mocidade, maiores ou mesmo para facer en familia. Nesta edición continuará a oferta de actividades gratuítas, e as de pago non incrementarán as taxas.

O programa sociocultural para o último cuadrimestre do ano, que pode consultarse na web municipal www.coruna.es e nas redes sociais da Concellería de Xustiza Social e Coidados, ofrece cursos de idiomas, fotografía, teatro, risoterapia ou astronomía. Nesta convocatoria tamén poderá solicitarse praza  para  actividades físicas como aerobic, ximnasia, pilates ou ioga; plásticas como debuxo, cestería ou skrapbooking; ou de expresión corporal como bailes de salón ou danza do ventre. Tamén poderán solicitarse prazas para participar no programa Envellecemento Activo, dirixido a persoas maiores de 55 anos e que está cofinanciado pola Deputación da Coruña.

A preinscrición poderá realizarse de xeito presencial nos centros desde hoxe, en horario de 10.00 a 13.00 horas e 16.30 a 20.00 horas, até as 20.00 do sábado, día 5. As listas de admisións e reservas poderanse consultar no correspondente centro cívico o día 18 de setembro, no teléfono de información Cidadá 010 ou na web www.coruna.es

A inscrición definitiva nas actividades farase os días 19, 21 e 22 nas instalacións municipais onde se celebren as actividades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión