Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2014

O Concello convoca un concurso de deseño para a elaboración de vinilos

A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña quere impulsar a participación dos veciños e veciñas da Coruña no embelecemento do Centro Cívico Municipal Novoboandanza, mediante a convocatoria dun concurso de deseño, que se desenvolverá no mes de novembro de 2014.

A finalidade do concurso é a de seleccionar un deseño para a súa posterior recreación en vinilos, cos que se decorarán as ventás do baixo do edificio no que se sitúa o Centro Cívico Municipal Novoboandanza.

Bases do concurso:

Tema.- Os temas ou motivos do deseño teñen que estar vinculados á cidade da Coruña, para a súa posterior recreación nas ventás sitas na planta baixa do Centro Cívico Municipal Novoboandanza.

Características e formato da obra.- Poderanse presentar un máximo de dous deseños por autor/a. Os deseños serán orixinais e inéditos, non premiados nin pendentes de veredicto noutro concurso. Os traballos presentaranse en formato dixital JPG, en soporte CD, e estarán pensados para poder adaptarse ás seguintes medidas:

FACHADA 1. RÚA MOSTEIRO DE BERGONDO. Cristaleira uniforme de 6,65 metros de ancho e 2,36 metros de alto.

FACHADA 2. RÚA MONFERO. ENTRADA AO CENTRO. Dúas portas e parede. Cada porta: 94 cm de ancho, 2,02 metros de alto. Parede: 1,83 metros de ancho, 1,96 de alto. Conxunto portas + parede: 3,71 metros de ancho.

Premio.- O deseño gañador será o que se reproduza nas ventás do Centro Cívico deNovoboandanza. Á persoa concursante ou equipo que resulten gañadores/as do concurso de ideas seralles adxudicada a exposición do traballo gañador, nas ventás do centro. A Concellería de Servizos Sociais correrá cos gastos dos materiais usados para tal fin e todos os que se deriven da exposición no centro de Novoboandanza do traballo gañador.

Requisitos de participación.- Poderán participar as persoas maiores de 18 anos que teñan nacionalidade ou residencia española ou de calquera dos estados membros da Unión Europea, a título individual ou en equipos.

Os/as participantes (persoa individual ou equipo) serán responsables da propiedade intelectual e da imaxe da obra, na súa totalidade ou nas súas diversas partes, respondendo ante iso de posibles reclamacións e eximindo o Concello da Coruña de calquera responsabilidade.

Serán excluídos do concurso todas as persoas ou equipos que non reúnan os requisitos de participación ou que presentasen as súas obras fóra de prazo.

Presentación da obra.- Nun sobre cerrado presentarase o seguinte:

  • Un cd co deseño ou deseños que optan ao concurso en formato JPG, ata un máximo de dous deseños por participante (persoa individual ou grupo). O cd deberá presentarse nunha caixa protectora na que se indique o título da obra ou obras que presenta a concurso, (máximo de dous).
  • Anexo 1, cos datos do/a participante ou participantes (no caso de que se presenten en equipo) no concurso, debidamente cumprimentado.
  • Declaración responsable asinada na que o/a autor/a ou autores indiquen que a obra presentada é orixinal e inédita.

No exterior do sobre deberá figurar: Concurso de deseño de vinilos para Novoboandanza.

Serán rexeitadas as obras que non conteñan algún dos datos ou documentos debidamente cubertos que se indican neste apartado.

Lugares e prazos de presentación: as persoas interesadas en participar poderán entregar directamente as súas obras no centro cívico Novoboandanza, sito na rúa Mosteiro de Bergondo, nº 13. Tamén poderán presentar as súas obras por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación será de trinta días naturais que se contarán desde o día seguinte á publicación destas bases na web de servizos sociais do Concello da Coruña.

Máis información no documento que se achega con esta noticia.

Documentos:

Concurso de deseño (28 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión