Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2015

Entroido nos centros cívicos

O Entroido xa case está aquí. Que non se vos pasen as datas de recoller a vosa invitación ou de realizar a inscrición. Consultade nos centros cívicos.

O Entroido é unha festa moi popular en Galicia. A súa celebración coincide sempre antes da coresma, data na que por tradición cristiá non se pode comer carne, por iso é polo que os entroidos eran unha especie de despedida dos praceres mundanos e neles "consentíanse" moitas cousas que habitualmente non estaba ben visto facer, motivo polo que a xente se disfrazaba para non ser recoñecida.

Ata os nosos días chegou a tradición do disfrace e nos centros cívicos celebrámolo cada ano con festas, talleres, concursos... Nestas celebracións as nenas e os nenos son os auténticos protagonistas porque o disfrace para eles é unha axuda para asimilar a realidade que os rodea representándoa ou para conseguir os seus desexos soñados. A que nena ou neno non lle encanta disfrazarse?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión