Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de agosto de 2015

Entrada en vigor da nova lei de protección á infancia

Entre as principais novidades, o novo texto recoñece como vítimas de violencia de xénero ás e aos menores, cuxas nais sufrisen maltrato

Entrou en vigor a Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e a Lei 26/2015, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

Un dos aspectos máis importantes da nova norma, que modifica 20 leis distintas, é a de recoñecer como vítimas de violencia de xénero aos menores fillos de mulleres que sufrisen malos tratos e a definición dos supostos de desamparo, que permiten á administración separar a un menor da súa familia cando existan malos tratos por parte dos proxenitores ou titores, sen ter en conta como punto negativo nin a pobreza nin a discapacidade dos seus pais no caso de que existan.

A lei prima tamén o acollemento familiar fronte ao residencial e xa non require contar co visto e prace da familia de orixe á hora de elixir á familia de acollida, senón que será a propia administración a que decida.

Tamén se recoñece aos menores estranxeiros o dereito a todas as prestacións sociais en igualdade de condicións que os españois e refórzase o seu dereito á hora de realizar as probas para determinar a súa idade.

A nova lexislación inclúe tamén medidas de bonificación nas cotas da Seguridade Social para quen dea emprego a vítimas de trata de seres humanos.

A nova normativa establece que quen queira traballar en contacto con menores, acrediten que non foron condenados en firme por ningún delito relacionado con nenas e/ou nenos e/ou adolescentes. Relacionado con isto, a lei dá seis meses a Xustiza para que poña en marcha un rexistro central de delincuentes sexuais, trata de seres humanos e explotación de persoas.

Refórmase tamén o sistema de pensións, que impedirá a quen asasinase a outro parente cobrar a pensión que a súa morte xerase, sexa cal for. Os descendentes dun matrimonio no que un cónxuxe mate ao outro poderán cobrar ademais, a pensión de orfandade completa, aínda que o pai ou nai homicida siga con vida, e esta será de maior contía, pois recoñeceráselle o cento por cento da base reguladora, e non unha porcentaxe sobre a mesma, como ata agora.

Modifícase a Lei de Familias Numerosas para evitar que perdan o título ata que o último dos fillos cumpra a idade de 21 anos, ou 26 se está a estudar, entre outras novidades.

Créase o sistema de adopción aberta para os casos nos que o menor quere e pode seguir mantendo relación coa súa familia biolóxica. Establécense criterios comúns para preparar para a adopción a pais que o son de acollida. Regúlase o dereito dos menores para coñecer a súa orixe e o seu pasado, e créase un rexistro unificado de malos tratos infantís ao que poderán acceder os servizos sociais de todo o país.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión