Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2015

Só é raro o descoñecido

Día Mundial das Enfermidades Raras

En España hai máis de tres millóns de persoas con enfermidades raras. A entidade FEGEREC, que acolle a persoas enfermas e as súas familias, instalará pola cidade mesas informativas e de colecta os días 27 e 28 de febreiro.

Trátase dunha campaña de difusión e recadación de fondos coa que dende FEGEREC trabállase pola mellora da situación sociosanitaria das persoas que padecen unha enfermidade rara e as súas familias.
Este ano hai un movemento baixo o hashtag #algorarosemueve co que se intenta que a cidadanía coñeza o que son as enfermidades raras.

A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, FEGEREC, está na rúa Solís da Coruña e o seu teléfono de contacto é o 981 234 651. Tamén están nas redes sociais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión