Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2015

Día Mundial da SIDA 2015

O 1 de decembro celébrase o Día Mundial da SIDA.

Este día, declarado oficialmente pola ONU, celébrase para concienciar e dar a coñecer á poboación unha enfermidade como a SIDA, sobre a que hai que seguir insistindo na necesidade da prevención, que é a principal arma na loita contra a infección. Este ano a campaña posta en marcha polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade ten como lema "sen Estigmas".

Esta campaña ten como obxectivo a loita contra a discrimación e a estigmatización das persoas con VIH e a súa contorna, coa finalidade de acadar a cero discriminación.

Na cidade da Coruña traballa desde hai 25 anos a asociación CASCO - Comite Antisida da Coruña, que loita pola prevención da enfermidade e a atención ás persoas afectadas, e que tivo un importante papel no avance cara á non discriminación das persoas con VIH organizándose desde a propia sociedade civil.

Con motivo deste día en varios centros cívicos exporanse durante esta semana paneis informativos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión