Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2014

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A partir do 25 de novembro, a Concellería de Servizos Sociais, ten programados diferentes actos e actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello da Coruña desenvolverá os seguintes actos:

  • Lectura do Manifesto en Contra da Violencia de Xénero a cargo do alcalde na Praza de María Pita ás 12.00 h.
  • XI festival Libérate desenvolverase no Centro Cívico Os Mallos o 24 de novembro ás 19.00 h.
  • Sesión informativa sobre malos tratos e abuso sexual á infancia: dirixida especialmente a aquelas familias e profesionais que traballan directamente con menores. Desenvolverase o día 26 de novembro no centro cívico Rosales de 18.30 a 20.30 h. A dita sesión será impartida por Miguel Clemente Díaz, catedrático de psicoloxía social e xurídica da Universidade da Coruña.
  • Estrea da curtametraxe "Diario sin candado" o día 27 de novembro ás 19.30 h no Centro Cívico Castrillón. Dirixido a toda a poboación.

Sipnose: a difusión dunhas fotos persoais de Lucía crispan as relacións interpersoais no seu instituto. Todo parece indicar que Raúl, o seu noivo, foi o responsable da súa difusión.

A curtametraxe, interpretada por mozos e adolescentes da cidade, fai fincapé na privacidade, na autoimaxe e na sobreexposición persoal nas redes.

  • Ciberviolencia de xénero na rede: Taller onde aprenderemos a identificar as diferentes formas de ciberacoso, relacionadas coa violencia de xénero. Está dirixida especialmente a familias e profesionais que traballan directamente con menores. Desenvolverase o día 28 de novembro de 18.30 a 20.30 h na Aula CEMIT (Centro Cívico Eirís). Será impartido polo Colexio profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. Para inscribirse sigue este enlace.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión