Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2014

Día internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas

O 23 de setembro ás 17.30 horas terá lugar un acto no Centro Cívico Os Mallos contra a explotación sexual e a trata de persoas.

Con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas realizarase, no Centro Cívico Os Mallos, un acto central no que intervirán:

  • A socióloga Silvia Pérez Freire, que nos falará sobre a trata sexual e os axentes implicados nela.
  • Médicos do Mundo tratará sobre as ferramentas contra a trata.
  • E por último, Clan de Bichos, ofreceranos o espectáculo "CAPERUCITAS, esclavas del lobo" (teatro, audiovisuais e cancións en directo contra a trata).

A través deste acto a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña persegue incrementar a concienciación cidadá arredor da trata de persoas con fins de explotación sexual, da vulneración dos dereitos humanos que supón e das súas vítimas, maioritariamente mulleres e nenas.

Enderezo:

Avda. de Arteixo 147, Bajo. 15007 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión