Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2015

Concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados convoca o Concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan".

V EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS "SEN ADICCIÓNS...UN BO PLAN" PARA A PROMOCIÓN DO LECER SAUDABLE EN MOZOS E MOZAS.

A Concellería de de Xustiza Social e Coidados o Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas para a prevención das drogodependencias e promoción do lecer saudable en mozos/as, convoca a V Edición do concurso de viñetas "Sen adiccións...un bo plan".

Este concurso, cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ten como obxectivo implicar aos/as mozos/as no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas, e fomentar as alternativas de lecer e hábitos saudables.

Poderán participar mozos/as que estean a cursar Educación Secundaría Obrigatoria (ESO) en centros do municipio da Coruña, en dúas categorías, alumnado que cursa 1º e 2º de ESO e alumnado que cursa 3º e 4º de ESO. A participación poderá ser individual ou promovida polo centro escolar do participante.

A temática das viñetas será unha interpretación libre (real, humorística, fantasiosa...) dos seguintes temas:

Categoría 1: "Lecer saudable... un bo plan".

Categoría 2: "Sen alcol e outras adiccións... un bo plan".

Preténdese que a viñeta reflicta que significa para o/a autor/a ter "un bo plan" sen necesidade de recorrer a ningún hábito ou consumo adictivo, promovendo hábitos saudables.

A presentación poderá realizarse nunha viñeta única realizada a man en formato DIN A4 ou, dúas viñetas cun fío condutor tamén en formato DIN A4. A viñeta poderá incluír unha frase, frases ou lema, en castelán ou galego, relacionado co debuxo. Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita e non premiada con anterioridade. As viñetas presentadas non deberán resultar ofensivas nin discriminatorias e respectarán as bases do concurso.

Os traballos deberán ser escaneados e enviados por correo electrónico á seguinte dirección concurso@unboplan.es ata o día 27 de novembro de 2015 inclusive, incluíndo os seguintes datos: Nome e apelidos do/a autor/a, idade, dirección postal, dirección de email, teléfono de contacto, centro escolar no que cursa os seus estudos e, se é o caso, nome do titor, orientador ou docente que promove a realización do concurso no centro, cun correo electrónico de contacto.

O premio, para cada unha das categorias, consistirá nun vale por valor de 150 € en material deportivo para a persoa premiada e un bono de 100 € en material deportivo ou escolar, a elixir, para o centro premiado no caso de que fose este o promotor da súa participación. O fallo do concurso farase público ao longo do mes de decembro de 2015.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión