Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2014

Convócase o Concurso de viñetas 2014 dentro do Programa de Ocio Saudable para a xuventude

Concurso de viñetas 2014 "Sen adiccións ... Un bo plan"

O Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas para a prevención das drogodependencias e promoción do ocio saudable na xuventude, convoca a IV edición do concurso de viñetas dirixido á mocidade para a elaboración do cartel da campaña de prevención "Sen adiccións... un bo plan"

O obxectivo do concurso é implicar os/as adolescentes e xuventude no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas e fomentar as alternativas de lecer e hábitos saudables.

A mocidade terá que reflectir nas súas viñetas a idea do que é para eles “un bo plan”, promovendo a realización de hábitos saudables como alternativa ás adiccións.

Poderase presentar a xuventude de 12 a 16 anos que estea cursando o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) en centros do municipio da Coruña.

Máis información no folleto que se achega.

Documentos:

Folleto Concurso de viñetas 2014 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión