Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2015

Club de lecer para persoas con discapacidade intelectual

Espazo para gozar de numerosas actividades socioculturais como teatro, ioga, baile moderno e manualidades.

O Club de lecer está dirixido a persoas maiores de 16 anos con discapacidade intelectual, en grao que non lles impida participar en actividades grupais.

Estas actividades son gratuítas e levaranse a cabo no Centro Cívico Cidade Vella todos os sábados, dende o 25 de abril ata o 27 de xuño, en horario de 16.30 a 20.30 h.

Para participar no Club de lecer é necesario formalizar a inscrición na conserxería do Centro Cívico Cidade Vella.

As prazas son limitadas e serán outorgadas por orde de inscrición.

O monitorado que imparta as actividades non acometerá tarefas de carácter médico ou hixiénico-sanitarias.

Enderezo:

Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión