Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2016

Axudas económicas para evitar cortes de subministración eléctrica

Axudas da Xunta para evitar que lle corten a luz ás persoas economicamente máis vulnerables.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito orzamentario.

O prazo de entrega das solicitudes vai desde o día 15 de xaneiro de 2016 ao 15 de novembro de 2016, ambos incluídos. A información sobre as solicitudes atópase nesta ligazón.

Requisitos:

  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 euros/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza.
  • Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
  • Dispoñer de aviso de interrupción de subministración da enerxía eléctrica por non pago.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.

Os gastos subvencionables serán o 100% do importe das facturas de electricidade (IVE incluído), emitidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, por unha comercializadora de electricidade correspondentes á vivenda habitual, cun límite máximo de 2 facturas/ano no caso de facturación mensual e de 1 factura/ano no caso de facturación bimensual, cun importe máximo de 200 euros/ano por persoa solicitante en ambos os casos.

A normativa está publicada no Diario Oficial de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión