Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de agosto de 2014

Actividades de lecer para menores con necesidades educativas especiais

A Concellería de Servizos Sociais realizará actividades dirixidas a menores con necesidades educativas especiais e ás súas familias.

Estas actividades están dirixidas a menores con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos con necesidades educativas especiais. As actividades programadas son as seguintes:

Taller de expresión corporal e educación musical no C.C. Mesoiro

  • Día e hora: martes de 17.00 a 18.30 h
  • Custo: 7.74 €
  • Dirixida a: menores con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos
  • Lugar: Centro Cívico Mesoiro

Taller de informática no C.C. San Diego

  • Día e hora: martes de 17.00 a 18.30 h
  • Custo: 7,74 €
  • Dirixido a: menores con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos
  • Lugar: Centro Cívico San Diego

Taller de debuxo e manualidades no C.C. Monte Alto

  • Día e hora: mércores de 16.30 a 18.00 h
  • Custo: 7,74 €
  • Dirixido a: menores con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos
  • Lugar: Centro Cívico Monte Alto

Estas actividades están orientadas á participación de menores con necesidades educativas especiais e serán impartidas por monitorado especializado e contarán cun monitor/a de apoio para tarefas exclusivamente de carácter pedagóxico. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

Ademais destas actividades, realizaranse dous talleres dirixidos á participación de menores con necesidades educativas especiais xunto ás súas familias. Estas actividades en familia son as seguintes:

Taller de relaxación en familia no C.C. Labañou

  • Día e hora: sábados de 12.15 a 13.30 h
  • Custo: 7,74 €
  • Dirixido a menores con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. Os menores participarán acompañados da súa familia.
  • Lugar: Centro Cívico Labañou

Taller de cociña en familia no C.C. Castrillón

  • Día e hora: os sábados de 17.00 a 18.30 h
  • Custo: 7,74 €
  • Dirixido a menores con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. Os menores participarán acompañados da súa familia.
  • Lugar: Centro Cívico Castrillón

Nestas actividades, que se realizan en familia, os menores teñen que ir acompañados obrigatoriamente dunha persoa responsable (pai/nai/titora legal ou outra persoa autorizada).

Proceso de solicitude das actividades de lecer para menores con necesidades educativas especiais.

  • Preinscrición: 4, 5 e 6 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 h.
  • Sorteo: 6 de setembro ás 20.15 h.
  • Publicación de listas de admisións: 19 de setembro nos centros cívicos onde se realizan as actividades, nesta páxina web e no teléfono de información cidadá 010.
  • Inscrición: 22, 23 e 24 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 h.
  • Lugar: a preinscrición e inscrición realizaranse nos centros cívicos onde se desenvolve cada actividade.
  • Consulta en cada centro cívico as datas de inicio e finalización destas actividades.

Documentos relacionados

  • Actividades de lecer para menores con necesidades educativas especiais (13 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión