Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2014

A Xunta de Galicia publica a Lei de accesibilidade

A Xunta de Galicia publica no DOG do 17 de decembro a Lei de accesibilidade.

A mellora da calidade de vida de toda a poboación e, especialmente, das persoas con mobilidade reducida foi un dos obxectivos fundamentais da actuación pública para a supresión de barreiras na edificación, os espazos urbanos, o transporte e a comunicación, e para a promoción da accesibilidade e a mellora da calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

É necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente aquelas persoas que teñan unha discapacidade física, sensorial ou intelectual, as persoas maiores ou as que teñan calquera outra forma de diversidade que implique unha dependencia funcional.

Por todo o exposto, a Lei de accesibilidade de Galicia ten como obxectivos conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades, nun marco demográfico tendente ao incremento da esperanza de vida e ao envellecemento da poboación; dispoñer dun marco normativo propio, simplificado e eficiente, en materia de accesibilidade, adecuado ás directrices internacionais e estatais, no exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia; e facer realidade o concepto de accesibilidade e deseño para todos, nos procesos, proxectos, produtos e servizos, de modo que se facilite o uso universal, con plena seguridade, do medio físico, evitando gastos posteriores de eliminación de barreiras.

A lei está publicada no Diario Oficial de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión