Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2015

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca as prazas para estancias e tratamento termal para o ano 2015.

A Xunta de Galicia convoca prazas para estancias e tratamento termal

ORDE do 21 de abril do 2015 pola que se regula a oferta de prazas para estancias e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015, e procédese á súa convocatoria.

 

A Xunta de Galicia no marco das competencias en materia de benestar social destinadas ás persoas maiores, e sendo conscientes de que na promoción da autonomía persoal, así como na prevención e na detección precoz da dependencia están as claves para que as persoas maiores poidan gozar dunha vida máis saudable e independente leva a cabo unha estratexia que ten como obxectivos fomentar a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal, tanto no ámbito da promoción e mantemento como no de actividades de lecer e tempo libre, e así contempla entre as propostas de actuación as relativas á potenciación de programas de actividades de lecer, entre eles o programa de turismo termal. Por iso, convoca as prazas do Programa de Benestar en Balnearios 2015. A convocatoria está publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de abril.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión