Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de outubro de 2016

Talleres de cociña para a mocidade nos centros cívicos

Os obxectivos destes talleres son os de fomentar as habilidades domésticas relacionadas coa alimentación saudable e mellorar a autonomía persoal.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados organiza este outono talleres de cociña para a mocidade.

Os talleres desenvolveranse dunha maneira práctica, con receitas divertidas para que as persoas participantes aprendan a cociñar cociñando.

Cada taller consta de cinco sesións de 90 minutos cada sesión.

En cada sesión presentarase unha proposta completa de menú, con receitas fáciles e saudables nas que estarán presentes todos os grupos de alimentos, achegando ideas para unha dieta equilibrada.

Todas as sesións rematarán cunha degustación dos pratos realizados.

Custo de cada taller: 7,74 €. Están incluídos os materiais.

Os centros cívicos que os ofertan son:

  • Centro cívico municipal de Mesoiro, martes, de 19 a 20.30 h. Comezo 18 de outubro. (Mocidade de 13 a 17 anos).
  • Centro cívico municipal dos Mallos, sábados, de 11.30 a 13.00 h. Comezo o 22 de outubro. (Mocidade de 18 a 30 anos).
  • Centro cívico municipal de Novoboandanza, xoves, de 18.30 a 20.00 h. Comezo o 27 de outubro. (Mocidade de 18 a 30 anos).

Máis información sobre como inscribirse: consultar en cada centro cívico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión