Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2016

Silvia Cameán presenta ás entidades da cidade o proxecto do Consello Sectorial de Inclusión Social, “órgano que constituirá un espazo de participación para desenvolver políticas municipais nesta materia”

A creación deste organismo, consultivo e conformado por representantes do Goberno, os grupos con representación no Pleno e entidades sociais da cidade, está recollida na ordenanza que regula a Renda Social Municipal. As asociacións consultadas poderán facer as súas achegas

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentou esta tarde o proxecto de articulación dun Consello Sectoral de Inclusión Social ás entidades da cidade deste sector de cara a recoller as súas achegas e suxerencias. Este futuro novo órgano municipal, que terá carácter consultivo, "está chamado a ser un espazo para o asesoramento, información, debate e estudo que ten como obxectivo facer achegas á política de inclusión social municipal, mellorar o coñecemento da situación social da cidade e valorar a actividade e orzamentos vinculados a este ámbito de actuación". A súa constitución está recollida na propia ordenanza reguladora da Renda Social Municipal, pioneira prestación de carácter municipal que busca a devolución da autonomía persoal aos colectivos máis vulnerables ou en situación de risco da cidade a través de axudas ligadas a itinerarios personalizados. "En base aos bos resultados do proceso que seguiu o proxecto da Renda Social, con ampla cabida a distintas voces, concluímos que resulta procedente darlle continuidade a esta interlocución a través deste consello, cuxo cometido é impulsar a participación", expuxo.

Nun acto no Centro Cívico da Cidade Vella, Cameán explicou que este órgano terá "a capacidade para emitir opinións e facer propostas, que aínda que non serán estritamente vinculantes, si se remitirán aos órganos de Goberno municipal de cara a optimizar os recursos e os programas do Concello en materia social". O futuro Consello estará composto tanto por membros do Goberno local como de todos os grupos da Corporación municipal, así como por representantes das entidades cidadás relacionadas co ámbito da inclusión social que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) que comuniquen a súa intención de formar parte do mesmo, ademais de persoas ou colectivos de especial relevancia no ámbito dos servizos sociais. "Este órganismo, que hoxe presentamos ante entidades e tecido asociativo para recoller suxerencias, nace da firme vontade deste Goberno local de relacionar tanto á veciñanza como as colectividades, directamente, coa construción de políticas públicas", indicou Cameán. "A Coruña está a crear un novo modelo de xestión e un novo modelo de cidade no que se articulen todos os campos necesarios para completar un sistema integral de participación, concertación e recollida de datos. Temos que converter a mera información en comunicación útil sobre a que avanzar na construción do futuro", explicou.

O Consello Sectorial de Inclusión Social terá, a súa vez, unha serie de organismos como presidencia, vicepresidencia, plenario, secretaría, comisión permanente e grupos de traballo. Estes últimos teñen como función elaborar diferentes informes e propostas de cara a realizar aquelas actividades que se consideren convenientes dentro dos obxectivos de inclusión social postos en marcha por este Goberno.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión