Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2017

O Concello lembra que asinou convenios para garantir o subministro de luz e gas ás persoas en situación de vulnerabilidade

A edil de Xustiza Social, Silvia Cameán, afirma que, ante a vaga de frío, a medida do Goberno local permite “que ningunha persoa quede sen un servizo básico por non poder afrontar o seu custo”

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, ante a vaga de frío e a subida do prezo da enerxía que se veñen rexistrando estes días, vén de facer un chamado para que as administracións públicas "actúen con responsabilidade" e lembra que o "Concello pon os seus recursos a disposición da cidadanía para tratar de dar cobertura ás necesidades máis básicas". Así, a edil recorda que o Goberno local, para atender aos colectivos en risco de exclusión e paliar os efectos da pobreza enerxética, ten asinados convenios coas compañías Iberdrola e Gas Natural co obxectivo de evitar cortes de servizo na subministración de enerxía eléctrica e de gas a veciñas e veciños da Coruña en situación de vulnerabilidade. "A xustiza social e a loita contra a desigualdade rexen a acción deste Goberno, e as súas políticas están encamiñas cara este obxectivo. Por iso, cando este executivo se senta coas eléctricas, non o fai para buscar unha cadeira nos seus consellos de administración, senón para atopar solucións que eviten que a veciñanza quede sen un servizo básico e necesario", afirma a responsable municipal.

Así, os convenios asinados no 2016, que se manteñen vixentes, establecen os mecanismos de coordinación entre o Concello e as subministradoras para evitar a suspensión dos servizos por impago de facturas a persoas en situación de vulnerabilidade. En ambos casos, os acordos van encamiñados á facilitar a tramitación de axudas municipais que permitan que non se realice o corte de luz ou de gas mediante o pagamento, por parte do consistorio coruñés, das débedas contraídas coa empresa subministradora. Unha vez que o Concello tramite as prestacións, comunicará ás compañías a solicitude da axuda para evitar a interrupción dos servizos --que deixarán en suspensión os cortes-- e a posterior resolución deste procedemento. No caso que a solicitude --valorada polo persoal de Servizos Sociais municipais-- sexa admitida, o Concello efectuará o aboamento das facturas correspondentes.

Ademais destas actuacións contra a pobreza enerxética, a edil lembra que o Goberno local puxo en marcha esta semana, a través do Servizo Municipal de Atención ás Urxencias Sociais (Semus), e en colaboración coa Cruz Vermella e coa ONG Accem, un Dispositivo de Frío dirixido a persoas sen teito, co obxectivo de facilitar a aqueles cidadáns e cidadás en situación de especial vulnerabilidade a posibilidade de acceder a un aloxamento, así como a reducir a exposición deste colectivo ás condicións meteorolóxicas adversas. O dispositivo manterase até o final do inverno.

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión