31 de maio de 2016
O prazo de solicitude é dende o día 1 ao 30 de xuño
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de axudas económicas para a utilización de taxi a persoas con discapacidade, que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade teñan problemas para usar os transportes públicos colectivos.
O prazo de presentación de solicitudes será do día 1 ao 30 de xuño nos rexistros xerais do Concello da Coruña ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible