16 de febreiro de 2017
Convocatoria de 2017
No día de hoxe publicouse no BOP o extracto da convocatoria de axudas de BONOTAXI para o ano 2017. O Prazo de presentación é de 1 mes. Comeza mañá 17 de febreiro e remata o 16 de marzo, inclusive.
No día de hoxe publicouse no BOP o extracto da convocatoria de axudas de BONOTAXI para o ano 2017.
As principais novidades deste ano son as seguintes:
- Increméntase o límite máximo para poder ser beneficiario da axuda, dente os 12.780,26 euros (200% IPREM) ata os 13.419,28 euros (210% IPREM).
- Aqueles solicitantes que fosen beneficiarios do bonotaxi durante o ano 2016, e no caso de que non se modificase ningunha das circunstancias que deron lugar á concesión da devandita axuda, a persoa solicitante poderá substituír a presentación da documentación esixida por unha declaración responsable acreditativa de que as circunstancias que implicaron a concesión do beneficio do bonotaxi non foron obxecto de modificacións
O Prazo de presentación é de 1 mes. Comeza mañá 17 de febrero e finaliza o 16 de marzo, inclusive.
No documento dos detalles da noticia pódese descargar a "declaración responsable" e a "autorización"
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible