Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2017

Convocatoria de 2017

Axudas para transporte en taxi de persoas con discapacidade

No día de hoxe publicouse no BOP o extracto da convocatoria de axudas de BONOTAXI para o ano 2017. O Prazo de presentación é de 1 mes. Comeza mañá 17 de febreiro e remata o 16 de marzo, inclusive.

No día de hoxe publicouse no BOP o extracto  da convocatoria de axudas de BONOTAXI para o ano 2017.

As principais novidades deste ano son as seguintes:

 - Increméntase o límite máximo para poder ser beneficiario da axuda, dente os 12.780,26 euros (200% IPREM) ata os 13.419,28 euros (210% IPREM).

 - Aqueles solicitantes que fosen beneficiarios do bonotaxi durante o ano 2016, e no caso de que non se modificase ningunha das circunstancias que deron lugar á concesión da devandita axuda, a persoa solicitante poderá substituír a presentación da documentación esixida por unha declaración responsable acreditativa de que as circunstancias que implicaron a concesión do beneficio do bonotaxi non foron obxecto de modificacións

O Prazo de presentación é de 1 mes. Comeza mañá 17 de febrero e finaliza o 16 de marzo, inclusive.

No documento dos detalles da noticia pódese descargar a "declaración responsable" e a "autorización"

Documentos:

Convocatoria-Bonotaxi-2017.pdf (51 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión