13 de xaneiro de 2016
Axudas da Xunta para evitar que lle corten a luz ás persoas economicamente máis vulnerables.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito orzamentario.
O prazo de entrega das solicitudes vai desde o día 15 de xaneiro de 2016 ao 15 de novembro de 2016, ambos incluídos. A información sobre as solicitudes atópase nesta ligazón.
Requisitos:
Os gastos subvencionables serán o 100% do importe das facturas de electricidade (IVE incluído), emitidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, por unha comercializadora de electricidade correspondentes á vivenda habitual, cun límite máximo de 2 facturas/ano no caso de facturación mensual e de 1 factura/ano no caso de facturación bimensual, cun importe máximo de 200 euros/ano por persoa solicitante en ambos os casos.
A normativa está publicada no Diario Oficial de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible