Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2014

Actividades lúdico-educativas de inmersión en inglés

Catro horas diarias de aprendizaxe e diversión en inglés para menores de 13 a 17 anos

O idioma inglés converteuse nunha lingua de comunicación universal.

As persoas que dominan o inglés teñen mellores oportunidades profesionais e maior autonomía e independencia para viaxar polo mundo e poder comunicarse con persoas de diferentes culturas e países.

As familias son conscientes da importancia que esta lingua adquiriu nos últimos tempos e das indubidables vantaxes que supón o poder falar correctamente neste idioma, pero non sempre contan cos recursos necesarios para que os seus fillos e fillas poidan adquirir o dominio da lingua inglesa que a sociedade actual demanda.

A Concellería de Servizos Sociais convoca estas actividades lúdico-educativas de inmersión lingüística en inglés dirixidas á mocidade de entre 13 e 17 anos, co fin de diminuír o impacto que factores económicos, sociais e familiares poden ter na formación da mocidade na aprendizaxe da lingua inglesa e contribuír así a reducir a brecha social.

As actividades desenvolveranse utilizando o inglés como lingua de comunicación tendo en conta os niveis das persoas participantes.

As persoas participantes contarán con profesores nativos e profesores españois titulados universitarios en inglés e con ampla experiencia docente. A metodoloxía será lúdica e participativa.

O orzamento destinado pola Concellería de Servizos Sociais para estas actividades é de 13.860 €.

As actividades desenvolveranse nos centros cívicos municipais dependentes da Concellería de Servizos Sociais que se relacionan a continuación:

Feáns:

15 -31 de xullo: dous grupos

1-14 de agosto: dous grupos

San Diego:

15 -31 de xullo: dous grupos

1-14 de agosto: dous grupos

Pescadores:

1-14 de agosto: un grupo

Castrillón:

15 -31 de xullo: un grupo

1-14 de agosto: un grupo

Requisitos:

- Dirixido a menores de entre os 13 e os 17 anos. Terán preferencia os/as empadroados/as no Concello da Coruña.

- Os menores terán que cumprir 13 anos entre o 1 de xaneiro e o 31 de xaneiro do 2014.

- Horario das actividades: de 10 a 14 h.

- Cada grupo terá un máximo de 10 participantes.

- Necesitarase un mínimo de 6 participantes inscritos/as por grupo para que se realice a actividade.

Os/as interesados/as deberán cubrir o impreso de solicitude que se lles facilitará en calquera dos centros cívicos nos que se oferta o campamento: Feáns, San Diego, Pescadores e O Castrillón.

- As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de solicitude.

- Os/as que resulten admitidos/as nestas actividades lúdico-educativas en inglés deberán aboar 23,22 € en concepto de prezo público de acordo co que establece a Ordenanza fiscal número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

- Servizos Sociais resérvase o 20% das prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.

 

As persoas interesadas poden preinscribirse cubrindo e presentando o correspondente impreso (que lles facilitarán en calquera dos centros cívicos municipais) nos centros cívicos municipais nos que se realizarán estas actividades, no seguinte horario e días:

 

Datas de preinscrición: días 9, 10, 11 e 12 de xullo.

Horario de preinscrición:

-Mañás de 11-13.30 h.

-Tardes de 16.30 a 20.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión