Practise Energy Intelligent Energy Europe Red de Energía Sostenible de A Coruña
Coruña Sostenible
Utiliza a enerxía dun xeito intelixente

O Concello implanta un sistema de medida en continuo de enerxía consumida en 51 dependencias municipais

09/09/2011

foto.JPG

O Concello da Coruña implantou en 51 dependencias municipais un sistema de medida continuo de enerxía consumida. A plataforma instalouse nos edificios de maior demanda enerxética como o Aquarium Finisterrae, a Piscina de Riazor ou o pazo municipal de María Pita.
Coa instalación deste sistema é posible ter acceso en tempo real aos datos de consumo de enerxía eléctrica nestes edificios, ademais de obter datos doutro tipo como a enerxía térmica consumida, a temperatura interior e exterior ou os niveis de calidade do aire interior mediante sondas de CO2.
O funcionamento é o seguinte: toda a información se recolle nun servidor central situado nos servizos de informática municipal e accesible para os diferentes usuarios en varios formatos. Proporciona información máis detallada, para os técnicos responsables da xestión de enerxía ou información máis simplificada, para os usuarios dos edificios. Coa finalidade de ofrecer un sistema transparente, instalouse tamén unha pantalla informativa nas oficinas municipais de rexistro na que se poden ver os datos en tempo real e un ranking dos edificios segundo o seu consumo enerxético.

Acceso a membros da rede Entrar Non es membro da rede? Solicita a adhesión
Enquisa local sobre enerxía Cubrir a enquisa
Ver resultados
Ligazóns relacionadas Proxectos do Concello
Outras ligazóns