- English |
- Galego |
- Castellano |
Dentro da metodoloxía de consulta e participación cidadá do proxecto PRACTISE, as enquisas permiten a obtención de información clara e ordenada de información sobre as prácticas en relación co uso racional da enerxía no noso municipio.
Esta enquisa permitirá un mellor coñecemento da percepción social dos recursos enerxéticos e permitirá obter información sobre hábitos domésticos e laborais, criterios de aforro enerxético no exercicio profesional, pautas de comportamento en relación co desprazamento e a mobilidade.
Trátase pois, dun complemento á consulta cidadá realizada a pé de rúa na cidade e unha fonte de información a ter en conta para a posta en marcha de actuacións de mellora no noso concello.