Practise Energy Intelligent Energy Europe Red de Energía Sostenible de A Coruña
Coruña Sostenible
Utiliza a enerxía dun xeito intelixente

Novidades

09/09/2011 O Concello implanta un sistema de medida en continuo de enerxía consumida en 51 dependencias municipais
foto.JPG

O Concello da Coruña implantou en 51 dependencias municipais un sistema de medida continuo de enerxía consumida. A plataforma instalouse nos edificios de maior demanda enerxética como o Aquarium Finisterrae, a Piscina de Riazor ou o pazo municipal de María Pita.

09/09/2011 Os municipios de máis de 100.000 habitantes teñen ata xuño de 2012 para aprobar o seu Mapa de Ruído

Os municipios de máis de 100.000 habitantes, as estradas de máis de 3 millóns de vehículos ao ano, as vías de ferrocarril con máis de 30.000 trens ao ano e os grandes aeroportos, deben presentar os seus Mapas Estratéxicos de Ruído antes do 30 de xuño de 2012 para cumprir co acordado pola Directiva Europea 2002/49 sobre avaliación e xestión do ruído ambiental.

09/09/2011 A nova Lei de Residuos e Chans Contaminados xera polémica

A mediados do mes de xullo o Parlamento aprobou a nova Lei de Residuos e Chans Contaminados. Esta obriga a España a levar a cabo a recollida separada de distintos materiais procedentes de residuos (papel, plástico, vidro e metais) antes de 2015. Tamén prevé a eliminación das bolsas de plástico dun só uso e non biodegradables progresivamente ata 2018.

09/09/2011 A crise económica reduce a preocupación polo cambio climático

A crise económica reduce a preocupación polo quentamento global a escala mundial, segundo a "Enquisa Global Nielsen 2011 sobre Medio e sostibilidade", realizada en 51 países.

Acceso a membros da rede Entrar Non es membro da rede? Solicita a adhesión
Enquisa local sobre enerxía Cubrir a enquisa
Ver resultados
Ligazóns relacionadas Proxectos do Concello
Outras ligazóns