Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

17 de febrero de 2017

O alcalde da Coruña asina, xunto a representantes de cidades de todo o Estado, a ‘Declaración de Valencia’, que reivindica un novo sistema de financiamento local

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, durante a súa participación nas xornadas municipalistas de Valencia sobre financiamento local

Xulio Ferreiro vén de participar nas ‘Xornadas Municipalistas por un Financiamento Xusto’, que se celebran en Valencia, nas que se demandou ao Goberno central que elimine as restricións de gasto que impón aos concellos, “como administracións que prestan servizos públicos esenciais”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou ente venres, con máis de medio cento de representantes de diversos municipios do Estado español, a denominada Declaración de Valencia, que será entregada ao Goberno central, á quen se lle pide que aplique un "modelo de financiamento xusto e sen restricións" para a administración local, tendo en conta que é a institución máis próxima á cidadanía e que desenvolve "servizos públicos de carácter esencial".

Nun acto en Valencia, no marco da celebración das Xornadas Municipalistas por un Financiamento Xusto, que comezaron no día de onte e rematan esta xornada, o primeiro edil coruñés adheriuse a esta declaración que sostén que "os gobernos locais son entes políticos que prestan servizos públicos esenciais dende a proximidade, amparados no principio constitucional de autonomía". "Como tales, requiren dun sistema de financiamento estable que garanta a cobertura das necesidades básicas da cidadanía no marco das súas competencias". O documento indica que "a reforma do sistema de financiamento local non pode verse postergada, nin supeditada á reforma do sistema autonómico, senón que debe abordarse conxuntamente con este no marco dunha reforma global do financiamento do sector público".

O alcalde, que estivo acompañado nestas xornadas pola concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, destacou ao longo das mesmas "a excesiva rixidez do sistema tributario local, incapaz de adaptarse as variacións da realidade económica local". Ferreiro apostou por un ensanchamento do espazo fiscal propio das administracións locais que permita adaptalo a súa realidade socioeconómica, "de forma, por exemplo, que poidamos incorporar medidas que permitan incorporar a progresividade aos tributos locais".

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?