Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cuándo:

17 de febrero de 2017

Claudia Delso participa en Conil de la Frontera na I Xornada Andaluza de Democracia e Orzamentos Participativos, como representante da cidade anfitriona do IV Encontro Ibérico de 2018

Claudia Delso, no encontro

A concelleira de Participación e Innovación Democrática avoga polo "traballo en rede e por crear unha axenda común nesta materis" e ve a cita que terá lugar na Coruña na segunda metade do ano que vén como "un bo momento para avaliar o feito polos distintos concellos e para poñer en común esas experiencias"

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, participa este venres na I Xornada Andaluza de Democracia e Orzamentos Participativos que ten lugar en Conil de la Frontera, á que acude, xunto con representantes de máis dunha trintena de concellos andaluces, ademais do coordinador da Rede Portugal Participa e representantes do Observatorio Internacional da Democracia Participativa. Neste caso, a responsable municipal coruñesa acode como representante do concello que será anfitrión do vindeiro Encontro Ibérico da Democracia e os Orzamentos Participativos, que terá lugar na Coruña na segunda metade do 2018 -o último tivo lugar nas Azores, en abril de 2016-, e que é, segundo destaca, o encontro peninsular máis relevante neste campo", que se celebra de forma bianual en localidades de Portugal e do Estado español. "Este será un bo momento para avaliar o camiño andado polos distintos concellos neste eido e para poñer en común as experiencias diversas", salienta Delso, quen indica que os actos desta xornada marcan o camiño de traballo de cara ao encontro de 2018.

A concelleira interveu esta mañá nas xornadas, no marco do panel titulado 'Expansión e articulación en rede do presuposto participativo en España e Portugal', no que tivo a oportunidade de expoñer as experiencias iniciadas polo Goberno local da Coruña no ámbito da participación, que van desde a apertura do Escano Cidadán nos plenos ou o programa de procesos participativos de A Porta Aberta ata os encontros Dillo Ti, conversas do alcalde e o resto do equipo de goberno coa cidadanía que se celebran de forma mensual nun barrio da cidade, e que veñen de cumprir o seu primeiro ano en funcionamento. Tamén, Delso debullou o proxecto piloto de Orzamentos Participativos, desenvolvido de forma pioneira na cidade durante o 2016 -e que xa está en fase avanzada de cara ao de 2017-, no que a veciñanza da Coruña decidiu o destino dun millón de euros do capítulo de investimentos do Presuposto municipal nun proceso de  democracia directa, a través da proposta e posterior votación de proposicións, que están xa incorporadas ao proxecto orzamentario do Goberno municipal. Na súa intervención, Delso avogou polas accións en rede das cidades e a necesidade de crear unha "axenda común", no obxectivo de dar forma a unha rede estatal de participación e, a este respecto, falou das experiencias de traballo en rede da Coruña con outras localidades, desde o portal de Orzamentos Participativos -unha ferramenta desenvolvida grazas á colaboración co Concello de Madrid- ata o proxecto para a creación dunha plataforma de Goberno aberto colaborativa e interoperable na que A Coruña traballa con Madrid, Santiago e Zaragoza, no marco do programa de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España que convoca o Goberno do Estado.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?