Nesta sección atoparás toda a información relativa aos diferentes programas de Igualdade que desenvolvemos desde a nosa rede de centros da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.
Consulta aquí todo o relacionado coa nosa Rede de acollemento, os programas de inserción para vítimas de violencia e as nosas campañas de sensibilización e coeducación.
Arte, ciencia, deporte, historia... coñece os principais programas que desenvolvemos desde a concellaría para a promoción da igualdade real entre homes e mulleres.
Coñece as políticas e recursos de Participación Cidadá que desenvolve a nosa concellaría
O Programa CONVIVE é un recurso gratuíto para axudar á resolución pacífica de conflitos veciñais e mellorar a convivencia cidadá. Para saber en que consiste ou como solicitalo entra en +información ou cubre directamente o Formulario de contacto.
Ofrece asesoramento e información ao tecido asociativo da cidade. Trátase dun novo centro aberto a toda a cidadanía, a todas as persoas que teñan interese en participar na vida municipal e queiran achegar as súas suxestións ou as súas demandas.
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá apoia as entidades e asociacións da cidade e fomenta a integración en colectivos e entidades. Coñece aquí os recursos a disposición da participación cidadá colectiva e/ou individual.
O Concello da Coruña ten a disposición de toda a poboación numerosas canles de comunicación bidireccional que axudan a crear e manter un contacto entre a administración local e a cidadanía. Deste xeito, toda a veciñanza ten a oportunidade de transmitir ás súas inquedanzas, suxestións e achegas.
Coñece os obxectivos xerais da nosa concellaría. E recibe o saúdo de Margarida Vázquez Veras.