Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2014

Programa de Formación para menores verán 2014 da OMIC

A OMIC ofrece para este verán 130 prazas gratuítas para participar nos talleres infantís e xuvenís. Os folletos de inscrición están dispoñibles nesta web no apartado de Publicacións. Poderanse realizar as inscricións do 16 ao 20 de xuño.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello da Coruña, dependente da Área de Emprego e Empresa, anuncia o seu programa de actividades dirixidas a menores para o verán, con dous programas educativos:

  • A "Escola de Verán 2014”, que se desenvolverá no mes de xullo dirixida a nenos nacidos entre o 2004 e o 2010 
  • "Non te EnRedes na Rede", un novo programa educativo, que se desenvolverá en agosto, dirixido a adolescentes nacidos entre 1999 e 2002.

Este ano, diversificouse a oferta e inclúese un novo programa educativo “Non te EnRedes na Rede” centrado nun sector de poboación especialmente vulnerable, e un dos máis afectados dos riscos que entraña a Rede, como é o dos adolescentes, dando cabida ás demandas recibidas neste sentido, e continúase coa programación habitual para esta época do ano cos talleres dirixidos aos máis pequenos, que tan boa acollida reciben, e do que a "Escola de Verán 2014" acolle a súa sexta edición.

  • “Escola de Verán 2014” Xullo

Para a execución do programa educativo "Escola de verán do pequeno consumidor", desenvolveremos accións de animación e educación no terreo da protección e defensa dos consumidores e usuarios, dirixido de forma prioritaria á poboación escolar entre 4 e 10 anos.

Datas:

Do 30 de xuño ao 1 de agosto.

Horario:

De 10.00 a 13.30 h.

Idade:

De 4 a 10 anos, nacidos entre o 2004 e o 2010, empadroados na Coruña.

Inscricións:

As actividades son gratuítas pero necesitan inscrición previa. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O número máximo de prazas por quenda é de 25, cada neno/a só poderase inscribir nunha quenda.

Quendas:

Dividiremos as persoas participantes en dous grupos por idades e por quendas:

1º Do 30 de xuño ao 4 de xullo (4-6 anos)

2º Do 7 de xullo ao 11 de xullo (7-10 anos)

3º Do 14 de xullo ao 18 de xullo (4-6 anos)

4º Do 28 de xullo ao 1 de agosto (7-10 anos)

Como inscribirse?

Nas oficinas da OMIC da Coruña, do 16 ao 20 de xuño do 2014 en horario de 08.00 a 14.00 h. O pai/nai ou titor/titora debe entregar a ficha de inscrición e autorización debidamente cubertas.

  • "Non te EnRedes na Rede" Agosto

Este itinerario formativo, que se propón como novidade este ano, nace co obxectivo de lles dar a coñecer aos mozos e mozas as distintas ferramentas que a tecnoloxía nos achega para facer un uso seguro das Tecnoloxías da información co fin de protexer os nosos datos e arquivos e as nosas comunicacións. Os riscos na rede son algúns dos temas que se verán xunto coas ferramentas para protexer a utilización de Internet, tanto dende o PC como dende os dispositivos móbiles. Finalmente analizaranse os posibles riscos que ten o seu uso sen control e propoñeranse unha serie de boas prácticas que permitan que fagan un uso máis seguro delas.

Datas das quendas:

  • 1ª quenda: 5, 6 e 7 de agosto
  • 2ª quenda: 12, 13 e 14 de agosto

 

Horario: de 11.00 a 12.30

Núm. de participantes: 15 por grupo

Idade: de 12 a 15 anos, empadroados na Coruña.

Inscricións:

As actividades son gratuítas pero necesitan inscrición previa. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada participante só se poderá inscribir nunha quenda.

Como inscribirse?

Nas oficinas da OMIC da Coruña, do 16 ao 20 de xuño do 2014 en horario de 08.00 a 14.00 h de luns a venres. O pai/nai ou titor/titora debe entregar a ficha de inscrición e autorización debidamente cubertas.

As fichas de inscrición están dispoñibles nesta web no apartado de publicacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión