Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2015

Programa de Actividades de Verán 2015 da Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Información sobre a inscrición nas actividades de verán dirixidas a menores entre 4 e 10 anos, organizadas pola OMIC.

As actividades realizaranse durante os meses de xullo e agosto e centraranse en concienciar aos máis pequenos da importancia da responsabilidade no consumo, de forma que aprendan prácticas que fagan deles consumidores responsables e comprometidos.

Todas as actividades son gratuítas pero será necesario realizar inscrición previa. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro de entrada da OMIC.

Este ano a temática centrarase na publicidade e as novas tecnoloxías:

  • Inscrición/datas:

Do 29 de xuño ao 2 de xullo nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, sita na C/ Costa da Palloza, 8 entre as 08:00 e as 13:30 horas.

  • Datas de realización das actividades e clasificación dos grupos

Quenda1: Do 6 ao 17 de xullo

Quenda 2: Do 20 ao 31 de xullo

Quenda 3: Do 3 ao 14 de agosto

Quenda 4: Do 17 ao 28 de agosto

En cada quenda haberá dous grupos divididos por idades de catro a seis e de sete a dez anos.

Cada neno/a só poderá inscribirse nunha quenda.

  • Horario das actividades

De 10:00 a 13:30 horas

  • Nº de participantes:

20 por grupo

  • Programación de actividades 2015:

Infantil ( De 4 a 6 anos): "Envases e envolturas", " A tele e os anuncios", "Facendo amigos na Rede", "Si mo como ou non mo como"

Primaria ( De 7 a 10 anos): "Véndocho, non cho compro", " A auga, o ciclo da auga", " Se non coidas os teus datos, riscos na rede", "Etiquetando"

Os folletos para inscribirse están dispoñibles nesta web no apartado de Publicacións.

Para máis información poden contactar co servizo de consumo no 981189820 de luns a venres en horario de 8 a 13:30 horas.

http://www.coruna.es/servlet/contentserver?argIdioma=é&c=Page&pagename=OMIC%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&cid=1270542992875

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión