Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2016

Plataforma ODR para a resolución de conflitos en liña

O 15 de febreiro de 2016 comezou a funcionar a Plataforma de resolución de litixios de consumo en liña (ODR Plataform, Online Dispute Resolution) para toda a Unión Europea.

Trátase do sitio web interactivo e multilingüe https://webgate.ec.europa.eu/odr/. que proporcionará de maneira gratuíta un punto único de acceso a consumidores e empresas da resolución extraxudicial de litixios contractuais derivados de contratos de compravenda ou prestación de servizos realizados en liña.

A Plataforma de resolución de litixios en liña ofrece un portelo único que lles permite aos consumidores e comerciantes da UE resolver os seus litixios no caso tanto das compras nacionais como das transfronteirizas. O procedemento consiste na canalización dos litixios nacionais cara aos organismos de resolución alternativa de litixios (RAL) que estean conectados á plataforma, fosen seleccionados polos Estados membros en función de criterios de calidade e fosen notificados á Comisión.

Os empresarios, comerciantes e plataformas ou mercados que ofrezan os seus produtos ou servizos de forma electrónica teñen a obriga de incluír na súa páxina web unha ligazón de fácil acceso á plataforma e se ofrecesen os seus produtos a través de correo electrónico, deberán incluír neste a información sobre a devandita ligazón.

O Centro Europeo do Consumidor, adscrito á AECOSAN, foi designado ante a Comisión Europea como punto de contacto da plataforma en España, proporcionándolle en virtude da devandita designación, a quen o solicite, asistencia e apoio na presentación de reclamacións a través da dita plataforma.

A Plataforma permitiralles a consumidores e comerciantes presentar reclamacións cubrindo un formulario electrónico dispoñible en todas as linguas oficiais da Unión (ademais en noruegués e islandés) e ofreceralles a opción de achegar os documentos pertinentes.

O CEC, como punto de contacto en España, enviará de maneira automática a reclamación á entidade nacional de resolución alternativa competente que as partes acordasen, estando estas obrigadas a concluír o procedemento nun prazo de noventa días.

A creación e o desenvolvemento da Plataforma de resolución de litixios en liña vén disposta no Regulamento (UE) 524/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Elementos fundamentais da Plataforma:

- A Plataforma é de fácil utilización e accesible en todo tipo de dispositivos. As persoas consumidoras poden cubrir o impreso de reclamación na plataforma en tres sinxelos pasos.

- A Plataforma ofrécelles aos usuarios e usuarias a posibilidade de levar a cabo todo o procedemento en liña.

- É unha Plataforma multilingüe. Inclúe un servizo de tradución para prestar axuda nos litixios entre partes localizadas en diferentes países europeos.

A día de hoxe, arredor de 117 organismos de resolución alternativa de litixios de 17 estados membros están conectados á Plataforma de resolución de litixios en liña.

A Comisión está a traballar cos estados membros para alcanzar unha cobertura completa de todos os estados membros e sectores tan axiña como sexa posible. A resolución alternativa de litixios ofrece unha forma rápida e barata de resolver litixios. Máis ou menos, a resolución dos asuntos tarda un máximo de 90 días.

A experiencia dos consumidores europeos que utilizaron a resolución alternativa de litixios tende a ser positiva: o 70% mostrouse satisfeito polo modo en que se tramitaron as súas reclamacións mediante este procedemento. Trátase dunha forma adicional de resolución de litixios para os consumidores e non substitúe a posibilidade de recorrer contra os tribunais, aínda que isto adoita ser máis longo e custoso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión