Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2015

O Concello pon en marcha un Mercado Solidario de Nadal na praza de María Pita para fomentar a reutilización e o consumo responsable

Desde o 4 de decembro e ata o 4 de xaneiro a veciñanza poderá acudir a esta tenda temporal e adquirir produtos doados por outros e outras cidadás, facendo un exercicio de economía circular e de reutilización de obxectos.

O Concello da Coruña porá en marcha a partir do próximo día 4 de decembro e ata o 4 de xaneiro, un Mercado Solidario na Praza de María Pita, un proxecto novo que pretende fomentar o consumo responsable en Nadal, entre outros valores. A Concellería de Emprego e Economía Social, dirixida por Alberto Lema, decidiu poñer en marcha esta iniciativa, que consiste nunha tenda onde, para adquirir un produto, non se necesitará máis que a intención de querelo, xa que non hai diñeiro polo medio, nin tan sequera cambio. “É un espazo creado e pensando para a solidariedade e o consumo responsable, fomentando a economía circular e a reutilización de obxectos”, indican desde a área de Emprego.

O Concello chama a todos os veciños e veciñas da cidade para colaborar e poder facer posible este Mercado Solidario doando os obxectos que xa non usan ou que, simplemente, xa non queren, para que outras persoas poidan levalo e gozar deles de balde, dándolles un novo uso, ou "segunda vida".

Todas aquelas persoas que o desexen poden doar os seus obxectos non utilizados, como libros, mobles, vaixelas, xoguetes, adornos, cadros, etc., e levar outros que lles interesen, aínda que non é obrigatorio deixar para levar. Os produtos que se doen deben estar en bo estado, de forma que non requiran reparación algunha, e deben ser de pequeno tamaño, de maneira que poidan ser transportados a man. Ademais, non se recollerá roupa nin calzado.

Ata o 4 de decembro, os produtos que se queiran doar deberán entregarse nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello da Coruña, situada na Costa da Palloza 8, en horario de 8.00 horas da mañá a 14.00 da tarde. A partir dese día, as doazóns poderán depositarse na propia tenda do Mercado Solidario, situada na Praza de María Pita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión