Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2014

O Concello instala unha mesa informativa na zona do Obelisco para resolver as dúbidas dos cidadáns sobre consumo

A actividade é organizada pola OMIC con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras.

O Concello, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que dirixe Luisa Cid, instalará no día de hoxe no Obelisco unha mesa informativa para resolver todas as dúbidas dos coruñeses en materia de consumo.

A iniciativa organízase con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor que se conmemora o sábado, 15 de marzo, e conta coa colaboración das diferentes asociacións de consumidores da cidade:

A Asociación Provincial de Amas de Casa, a Asociación de Consumidores e Usuarios, e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (Adicae).

O punto de información estará aberto, no día de hoxe de 09.00 a 14.00 horas e os expertos atenderán ás preguntas de todos aqueles consumidores que desexen ser informados sobre os seus dereitos e obrigacións en materia de consumo, en cuestións que encabezan o ranking das queixas dos consumidores, como a factura da luz, temas relacionados coa telefonía, a banca ou as compras por internet ou sobre calquera outro aspecto relacionado co consumo.

Así mesmo, a OMIC continúa coa súa tarefa educativa e ademais dos talleres concertados cos centros cívicos desenvolve durante marzo e abril cursos específicos nas súas instalacións centrados na protección do consumidor na rede. Para inscribirse, os interesados poden dirixirse ás oficinas da OMIC, na Costa da Palloza, número 8, ou ben no teléfono 981 18 98 20.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión