Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2015

O Concello celebra no Obelisco o Día do Consumidor con actividades centradas nos menores e o uso das redes sociais e Internet

"Os talleres, baixo o lema Consume con xeito, están organizados pola OMIC e realizaranse este domingo, 15 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que dirixe Luisa Cid, celebrará o Día Mundial das Persoas Consumidoras o vindeiro domingo, 15 de marzo, cun completo programa de actividades formativas e informativas no Obelisco.

A iniciativa, baixo o lema Consume con xeito, desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas e consistirá en talleres infantís centrados nas novas tecnoloxías da información e a comunicación. A xornada completarase con actividades lúdicas para adultos e coa instalación de postos informativos.

Este ano o Concello fará especial fincapé no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores. Para iso, e aproveitando o Día Mundial das Persoas Consumidoras, impartirá o taller Internet e as redes sociais. Utilízao ben e evita os perigos! En total realizaranse seis sesións, cada unha de media hora de duración. As persoas interesadas en participar poderanse inscribir 30 minutos antes do inicio das charlas.

Doutra banda, os adultos tamén serán protagonistas das actividades da OMIC e poderán participar en xogos interactivos que poñerán a proba os seus coñecementos sobre consumo.

Así mesmo, a OMIC instalará puntos informativos para resolver todas as dúbidas da cidadanía en materia de consumo. Esta iniciativa conta coa colaboración das diferentes asociacións de consumidores da Coruña: a Asociación Provincial de Amas de Casa, a Asociación de Consumidores e Usuarios, e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (Adicae).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión