Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de setembro de 2013

Novos cursos para Adultos nas instalacións da OMIC

Abordarán temas de máxima actualidade que tratarán de sensibilizar sobre a importancia de facer un uso seguro das novas tecnoloxías da información para minimizar os riscos derivados dos diferentes tipos de fraude que podemos encontrarnos na rede.

Dentro do se programa de Educación para o consumo 2013-14, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), oferta diferentes propostas de cursos  dirixidos a adultos sobre diferentes temas relacionados co seu consumo diario: as compras por internet, a factura da electricidade, o uso seguro das novas tecnoloxías, os produtos ecolóxicos, o aforro enerxético...

Os destinatarios dos mesmos son persoas maiores de 18 anos, ben público xeral ben asociacións de consumidores e usuarios da Coruña.

Estes cursos, cunha duración aproximada de unha hora e media cada un, terán lugar no auditorio das oficinas da  OMIC da Coruña, todos os venres non festivos entre os meses de outubro e decembro.

E este ano faise un especial fincapé en abordar e sensibilizar sobre a importancia de facer un uso seguro das novas tecnoloxías da información para minimizar os riscos derivados dos diferentes tipos de fraude que podemos encontrarnos na rede.

O programa e datas dos mesmos é a seguinte:

  • 4 de outubro de 11.00 a 12.30 - Compras por Internet;
  • 11 de outubro de 11.00 a 12.30 - Economía doméstica.;
  • 18 de outubro de 11.00 a 12.30 - Sensibilización sobre uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet) polos menores;
  • 25 de outubro de 11.00 a 12.30 - Produtos de agricultura ecolóxica;
  • 8 de novembro de 11.00 a 12.30 - Uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet);
  • 15 de novembro de 11.00 a 12.30 - O uso dos transxénicos na alimentación;
  • 22 de novembro de 11.00 a 12.30 - Boas prácticas nas redes sociais (Tuenti, Facebook, Twitter, Google+) e mensaxerías instantáneas (Whatsapp, Line...):
  • 29  de novembro de 11.00 a 12.30 - Apaga a luz, acende o planeta;
  • 13 de decembro de 11.00 a 12.30 - Entendendo a factura da luz: que pagamos cando acendemos unha lámpada?

Poden solicitar inscripción nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor na Rúa Costa da Palloza, 8 en horario de 08:00 a 14:00 horas.

Para máis información poden chamar ao teléfono 981189820.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión