Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2016

INFORMACIÓN DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO SOBRE A ALERTA CE 0745/2016 DE PROTECTORES SOLARES

Ante as consultas dos consumidores, o Instituto Galego de Consumo informa de que se trata dunha ALERTA A NIVEL EUROPEO notificada polo propio fabricante de protectores solares de maneira voluntaria tras detectar un erro na tradución ao francés que, polo tanto, non afecta ao produto pero podería conlevar un uso inapropiado do mesmo.

Os lotes mal etiquetados foron comercializados en Bélxica, Holanda e Francia. Non consta que fosen comercializados en España.

Seguindo o protocolo habitual neste tipo de casos,  unha vez recibida a notificación europea, o Instituto Galego de Consumo remitiu un oficio interno tanto aos inspectores de Consumo como a Sanidade, encargados de verificar que efectivamente o produto non se atopa no mercado galego.

En conclusión, o problema detectado nos produtos atinxe exclusivamente á etiquetaxe e non afecta ás súas características, e non consta que se comercializasen no mercado español.

Fonte: Instituto Galego de Consumo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión