Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2010

Cambios e devolucións

O dereito a cambios e devolucións só existe se o produto presenta algunha falta de conformidade co contrato. A OMIC aconséllalles aos consumidores que se informen sobre esta posibilidade antes da compra e das súas condicións.

Nestas épocas do ano, cando se achegan as datas do Nadal un tema que preocupa aos consumidores que acoden pola oficina está relacionado cos cambios e devolucións, xeralmente polo aumento da adquisición de produtos para agasallar.

Son numerosas as consultas de consumidores/as que se informan sobre a obrigatoriedade por parte dun establecemento de aceptar cambios ou devolucións, xa que en moitos casos tras o intento previo encóntranse coa oposición do comerciante a tal práctica xerándose un conflito de consumo.  

Ante isto é importante ter en conta que o consumidor só ten dereito a desistir do contrato sen ningunha xustificación, solicitando a devolución dos importes, en casos legalmente previstos ou en establecementos que previamente aceptasen esta circunstacia informándoo ao consumidor.

Dereito ao cambio ou devolución

Os casos nos que se podería solicitar o cambio ou a devolución son os seguintes:

  • Produtos defectuosos: as persoas consumidoras teñen dereito á reparación, substitución, rebaixa do prezo ou devolución do diñeiro de acordo coa normativa de garantías, naqueles casos que o produto presente unha falta de conformidade co contrato.
  • Dereito de desistimento por lei: en determinados t ipos de venda, a lei recoñece dereito a desistir do contrato, por exemplo vendas a distancia ou fóra de establecemento mercantil.
  • Concesión deste dereito polo vendedor na súa publicidade, anuncios ou no tícket de compra.

 

Por iso a OMIC aconséllalles que se informen previamente sobre as condicións de cambios e devolucións e que teñan en conta que cando os establecementos non manifestan nada enténdese que non admiten esta posibilidade.

E ante calquera dúbida, contacten coa OMIC.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión